[Pop]Metropolis. Sim City. Metropole e videoxogos.

[Cartaz] e anuncio | Novembro 25, 2009

cartel_popmetropolis_web3

ESTE XOVES 26 DE NOVEMBRO TERÁ LUGAR NO CAFÉ DE MACONDO [R/SAN ANDRÉS, 106] A INSTALACIÓN “POPMETROPOLIS”, RESULTADO DUNHA PEQUENA INVESTIGACIÓN QUE LEVAMOS A CABO XUNTO CON ROSENDO GONZÁLEZ.
O TRABALLO ENMÁRCASE DENTRO DOS OBRADOIROS’09 ORGANIZADOS POLA UNIVERSIDADE INVISIBEL, E ESTARÁ EXPOSTO DESDE AS 12:00 DA MAÑÁ, REMATANDO CUN FINDEFESTA POR DEFINIR ÁS 21:30 NO MESMO LUGAR.

Cultura (pop)ular. Primeira industria cultural (por diante do cine ou da televisión) e medio practicamente inexplorado pola crítica, os videoxogos definen novos espazos de interacción social, problematizan de forma crecente a relación real-virtual, forman parte de narrativas multimedia que inflúen en procesos globais, cuestionan modos clásicos de comunicación, etc. Dentro desta panorámica achegarémonos de xeito especial a SimCity (videoxogo de xestión metropolitana de gran popularidade) como un tipo de alegoría (informática) do noso habitar cotián nun espazo metropolitano que se asemella cada vez máis a un videoxogo.

>>> + INFORMACIÓN Y BIBLIOGRAFÍA EN EL LABORATORIO INVISÍBEL


Publicado en cartaz

Deixar un comentario »

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: